Derrota do Hierros Varela Urbieta fronte a Sar

O Hierros Varela Urbieta Xiria non conseguía traer os 2 puntos de Redondela pese a realizar un bo encontro. 

Comezaba dominado no marcador o equipo visitante, con unha defensa 6:0 ben prantexada, con moitas axudas no bloque central e impedindo lanzamentos claros da Sar. En ataque, a continuidade de balón dun lado a outro xeraba moitos espazos na defensa local, que aproveitaba o Xiria para penetrar ou buscar a continuidade aos extremos con Marta finalizando moi ben polo lado esquerdo. O Xiria colocábase 2 arriba e o técnico  local viase na obriga de pedir un tempo morto para reaxustar ó equipo.  As locais atoparon a forma de facerlle daño a defensa das bergantiñás, e mediante o desdoblamento dunha das primeiras liñas conseguían lanzamentos de 8-9 metros pola zona central ante a indecisión das carballesas. O partido daba un xiro e sería desta volta a entrenadora visitante a que tería que pedir tempo morto para frear a remontada da SAR. O cambio de defensa 6:0  a 5:1 para evitar os lanzamentos por zona central fixo efecto, pero as imprecisión no ataque non lle permitían as rapazas do Xiria achegarse no electrónico, chegando o descanso 15-11. 

Na segunda parte o Xiria nunca deixou de intentalo, conseguindo poñerse a tan só un gol ata en dúas ocasións, pero as precipitacións ó verse tan cerca no electrónico pasaron factura as carballesas, que non foron quén de darlle a volta ó partido. 

SAR LEDISSON A (15+19): Marta Rodríguez (3), Alexandra Simon, Antía Novelle (5), María González (1), Naira Simon, Angela Vilaboa (7), Eva Rodríguez (7), Lucía Otero, Nerea Novelle (5), Carla Ferro (3), Concepción dos Santos, Julieta Aquino (1) e Nazaret Conchado (2). 

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA (11+19): Elena Collazo (p), Lucía Lema (p), Lucía España, María Patiño (3), Natalia Cancela (1), Nerea Varela (2), Anna María Hernández (2), Lara Otero (10), Marta Gómez (7), Nina Pereira (1), Uxía Suárez e Leticia Santos (4).