Derrota do Hierros Varela Urbieta Xiria no derradeiro encontro da Liga de Ouro

O noso equipo xuvenil feminino desprazouse o pasado domingo ata o pavillón da Bombonera en Redondela para xogar ante o SAR Ledisson na loita pola segunda praza do grupo. Esperábase un partido intenso e con marcador axustado e iso foi o que aconteceu na primeira metade, pero trala volta do descanso o equipo local amosouse moi superior e as nosas non foron quen de achegarse o suficiente no marcador.

O partido comezaba cun marcador corto, con moitas dúbidas en ataque por parte dos dous equipos e unha boa defensa xiareira que prácticamente só podía ser superada cos lanzamentos dende os sete metros. En ataque, as nosas atopaban boas solucións a partir dos uns contra uns no centro e as continuidades que permitiron chegar ó descanso co 12-11 no marcador e con todo por decidir na segunda metade.

Á volta do descanso, a SAR amosou a súa mellor versión no momento en que as nosas tiñan moitos atrancos para marcar gol. Un rápido parcial de inicio, aumentou a distancia ata os 6 goles e, a pesar de tímidas reaccións, o Xiria non foi quen de diminuir a diferenza en todo o que restou de encontro, mermado polo escaso acerto de cara a portería en accións de finalización claras. Co resultado final de 28-20, o Hierros Varela Urbieta remata terceiro e medirase nos cuartos de final ó UB Lavadores co obxectivo de desputar a Final Four.

Todas as imaxes do partido en: https://www.facebook.com/100063504432984/posts/140425408084273/?d=n