Derrota do Hierros Varela Urbieta Xiria nos cuartos de final

O noso xuvenil feminino xogaba outra semana máis fóra da casa ante o UB Lavadores en busca dun posto na Final Four, pero xogadoras volveron a Carballo sen a vitoria e cunha sensación agridoce tralo encontro.
 
O Hierros Varela Urbieta Xiria comezaba o encontro moi centrado en defensa, aínda que con alguna imprecisión no ataque que non permitiu as nosas despegar en ningún momento no marcador. O equipo olívico acarreaba rendas de 3 e 4 goles, pero uns bos minutos finais, con boas transicións e acerta nas accións de un contra e contra un, poñía o 13-12 no electrónico ó descanso.
 
Nada tivo que ver a segunda metade coa primeira. Un Xiria distinto dende os primeiros minutos que non foi quen de sorprender á defensa local en ningún momento, primeiro cun 6:0 moi contundente e ó límite de reglamento en moitos accións e co paso dos minutos con defensas máis abertas onde as nosas atoparon ocos, pero se toparon coa brillante actuación da porteira rival. Os erros de lanzamento e a pasividade da defensa carballesa fixeron posible un parcial 19-5 na segunda metade que daba lugar a un resultado final de 32-17.
 
A pesar do abultado resultado, o noso xuvenil femenino é un orgullo para todo o clube, un equipo plagado de xogadoras cadetes que medran a diario arroupadas por unha xeración xuvenil que está a preparase para dar o salto á categoría senior e que non teñen teito.