Derrota do HVU Xiria na estrea en Liga Oro

As nosas xuvenís non foron capaces de superar ó Calfrima Carballal, un dos equipos máis fortes da categoría.

Tralo éxito nos play-offs, o Carballal visitaba Carballo, coma xa fixera na fase de clasificación, coma un dos aspirantes a alzarse co título ligueiro. Dende os primeiros compases, as visitantes levaron o peso do encontro con accións muy claras no ataque posicional que sobrepasaban á defensa carballesa. Pouco puido aguantar o marcador o Xiria e rapidamente as olívicas acadaron unha renda que case aguantarían ata o final.

Máis aló do resultado, as nosas deron a cara durante todo o encontro. Cómpre valorar o proceso dun equipo pragado de xogadoras cadetes que cada semana vai a máis e no que as cadetes de primeiro ano amóldanse cade vez mellor ó grupo.

Esta semana toca visitar ó conxunto da Cañiza o sábado ás 12:30, onde se espera ver unha mellora grupal e volver cos dous puntos.