Derrota do HVU Xiria no primeiro encontro da tempada

Debut con derrota das nosas xuvenís na fase de clasificación este pasado sábado ante o Calfrima Carballal, un dos favoritos ó título de liga. 

O HVU ateigado de xogadoras cadetes puxo por momentos contra as cordas a un rival con xogadoras de moita máis calidade e con moita máis rotación no banquillo.  A pesar de que o conxunto visitante acadaba unha renda de goles nos primeiros compases do encontro, o Xiria deu a cara ó longo dos 60 minutos amosando moitos recursos en todas as fases de xogo. Os erros ofensivos locais foron claramente penalizados por rápidas accións de contraataque rival que impedían reducir a distancia no marcador.

Chegábase ó descanso cunha renda de 6 seis goles a favor do conxunto olívico (13-19) e a distancia non se movería ata o final. Unha moi boa segunda metada carballesa poñía por momentos contra as cordas ó Carballal, pero o dominio do marcador extendeuse en todo o encontro.

Esta semana as nosas viaxan a O Grove no derradeiro partido desta fase de clasificación previa os play-off coa vista posta en seguir acadando boas sensación de xogo e mellorar os últimos resultados.