Derrota do Maquisaba Xiria con sabor agridoce

Derrota do Maquisaba Xiria con sabor agridoce

Unha mágoa a derrota do Maquisaba Xiria na Liga Prata infantil femenina. As carballesas visitaban Abegondo cos dous puntos cosechados na primeira xornada na casa, e con folgos de competir polos puntos nesta segunda. 

E de feito así foi, onde as do Xiria mostráronse moi competitivas indo por riba no marcador durante case todo o encontro. As verdes lograron unha diferencia de 4 goles no descanso(6-10) despois dunha boa primeira metade en defensa. No segundo tempo o panorama non cambiou moito, no que a xogo se refire, pero si no acerto de cara a porta nos intres finais onde as carballesas a pesar de encontrar boas situacións de lanzamento, toparon ca gardarredes local que se erixiu en parte importante dunha derrota das nosas pola mínima(19-18). Cun lanzamento co tempo xa cumplido, o Maquisaba case forza o empate, pero finalmente os puntos quedaron en Abegondo