PINTURAS PROA BM. CHAPELA 25 – 19 NORDATA XIRIA
Comezaba o noveno encontro da Liga Ouro para as do Nordata Xiria, último encontro da primeira volta. Entraban no partido manténdose no marcador cunhas boas accións en ataque contra un equipo cunha defensa moi pechada, e capaces de cortar os ataques das locais cunhas moi boas accións defensivas. Aínda que tras un par de lanzamentos fallados, a intensidade parecía comezar a decaer, sobre todo en defensa, chegando ao descanso cun marcador 11-6 a favor das de Chapela.
Na segunda parte as do Nordata non baixaron a cabeza en ningún momento e demostraron que os partidos xóganse ata o final. Con moi boas accións ofensivas que deixaban ás do Chapela con tan só 4 xogadoras no campo debido a 2 exclusións seguidas, as do Nordata Xiria apretaban un pouco máis o partido, pero as accións defensivas non estaban a ser acertadas. Traballo incansable dunhas nenas que lle deron moito que facer a un Chapela que segue terceiro de liga.
A xornada seguinte o Nordata Xiria volve a viaxar fóra, a Cangas, para comezar a segunda volta da Liga Ouro.
Nordata Xiria: Ana Velo, Sara Trigo, Lucía Castiñeiras (5), Natalia Varela (8), Sara Pallas (1), África Gómez (1), Mara Vidal (1), Inés Cabeza, Zaira Longueira (1), Aroa Lista, Eva Vidal (2).


