Derrota do Punta del Este Xiria ante o Bm. Porriño na estrea da Liga Ouro

O Punta del Este Xiria A caeu na sua visita o Bm. Porriño este pasado sábado no que foi o primeiro encontro da Liga Ouro da categoría infantil femenina. As carballesas souberon reporse da baixa de última hora na primeira liña de Sara Rial, compensando o co bo facer de todo o equipo durante os primeiros quince minutos(9-10). As penetracions de Carla Martínez polo lado dereito, que rematou o encontro con cinco dianas e as superioridades de Clara e Julia Verdes no esquerdo, deron unha mellora na aportación dos exteriores con respecto a encontro pasados. Unha serie de erros encadenados nos últimos intres do primeiro tempo puxo diferencias para as pontevedresas no electronico(17-13, descanso)

Na reanudación o encontro resultou bastante igualado, chegando a apretarse o marcador a un tanto de diferencia. Os erros no lanzamento na última parte do partido terminaron por condenar as de Zarra nun dos encontro mais completos ata o momento. A próxima semana recibirán na casa o Bm. Cañiza na segunda xornada da Liga Ouro, mentres que tamen faran a sua estrea como locais o Punta del Este B na Liga de Prata