Os carballeses viñan nunha liña ascendente, mellorando os seus rexistros con respeto á primeira volta. De este xeito afrontaban este partido esperanzados con poder sacar un resultado positivo.
22 XIRIA B- LIRON MOAÑA 29
O partido comezou coa defensa sendo capaz de impoñerse, sen embargo faltaba acerto de cara a portería. Esto facía que non se puidera despegar do marcador. Pouco a pouco os visitantes asentábanse no partido e comezaban a facer dano a defensa local. Na última parte da primeira unha serie de imprecisións e perdas de balón facía que os visitantes se foran no marcador ata o 11-14. Aos ataques estaba a constarlle moito anotar.
O comezo da segunda metade foi moi malo por parte dos carballeses ata 5 perdas de balón consecutivas facían que os de Moaña puxeran terra de por medio no marcador. Un intento de reacción facía que nos últimos minutos o equipo carballés se acercara no marcador pero o acerto dos visitantes facía que non fose posible. Neste partido o acerto de dous xogadores rivais, e os erros dos carballeses frenaron calquer opción de resultado positivo. Con todo hai que voltar ao camiño do traballo para seguir sumando aprendizaxes.