Medio tempo foron quen de soportar o arreón do líder este pasado sábado no Vila de Noia as cadetes carballesas. Nunha primeira metade moi disputada, o Tubasys Xieia conseguiu equilibrar as forzas ante a Sar de Redondela, igualando o marcador ata o descanso, igualdade que permaneceu ate o minuto corenta. A partires dese momento, as pontevedresas mostráronse mais fortes na defensa, e lles permitiu escapar no marcador no último cuarto do encontro.
Este próximo sábado as do Xiria volverán a xogar na casa ante o Bm Bueu.