Derrota estrepitosa do Laber Xiria diante do Seis do Nadal

Seis do Nadal 43 – Laber Xiria 20 (24-6)

Non viaxou coas condicións adecuadas o Laber Xiria, algo que lle pasou factura dende o primeiro minuto e concretouse cunha avultada derrota.

Comezou o encontro un Seis do Nadal exercendo como líder da categoría, intensidade defensiva e saídas rápidas a contra, ante él un Xiria que se vía desbordado en cada acción do rival e era incapaz de amosar perigo ante a portería contraria. Os carballeses non chegaron a entrar no partido nesta primeira metade, sen repliegue defensivo deixaban cada ataque a mercé do rival que iría ensanchando o marcador ata ese 24 a 6 no descanso.

Si ben houbo na segunda metade algunha melloría no Laber Xiria, a gran brecha no marcador facía que o interés do encontro fose ir reducindo as distancias no marcador. Duro varapao para un equipo que estaba a pasar polo seu mellor momento da tempada e que terá que aproveitar o parón do Nadal para volver a coller confianza no xogo e intensificar a defensa si quere estar a altura dos seus rivais nunha División de Honra Xuvenil moi exixente.

Seis do Nadal 43 (24): Víctor Doval e Gael Míguez (porteiros) Daniel Salgueiro 7, Cabanelas 6, Samuel Couto 9, Marcos Domínguez, Antonio Branco 2, Xurxo Rivas 4, Víctor Iglesias 7, Soutullo 4, Pablo Neira, Rodrigo López, Lois Seijo, Iago López 3 e Anxo Prieto 1.

Laber Xiria 20 (6): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 8, Adrián Mesejo, Mario Cancela 5, Franco Rial, Brais Vila 2, Ivan Hernández 2, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 1 e Manuel Rama.

Arbitraron Andrés Tejo e Cristian Garcia, sen complicacións