Derrota na casa ante o Lalín para o Nordata Xiria

NORDATA XIRIA 23 – 28 CORETI LALÍN

Undécimo partido de Liga Ouro. Comezaba o encontro no Vila de Noia con dúbidas en ataque por parte de ambos equipos, pero cunha boa intensidade defensiva. Segundo ían pasando os minutos as do Nordata seguían cun ataque lento debido aos malos pases e recepcións, que non permitían mover con soltura o balón. Aínda así, grazas ás boas accións defensivas conseguían ir ao descanso con táboas no marcador 14-14. 

Na segunda parte as do Nordata Xiria non foron quen de corrixir os erros da primeira parte, o que sentenciou ás nosas a unha dura derrota na casa. 

A próxima xornada xogan fóra da casa e enfróntase ao Mecalia Atl. Guardés, un partido difícil contra as actuais líderes da Liga Ouro. 

Nordata Xiria: Ana Velo, Sara Trigo, Lucía Castiñeiras (6), Natalia Varela (7), Sara Pallas (1), África Gómez, Mara Vidal (2), Inés Cabeza, Zaira Longueira (3), Aroa Lista (3), Eva Vidal (1).