Derrota pola mìnima do equipo infantil Punta del Este Xiria

 

 

 

Punta del Este Xiria 20-23 Coretì Lalìn

O equipo infantil feminino Punta del Este Xiria caeu este sàbado na casa fronte ao Coreti Lalìn por un axustado 20-23.

As carballesas comezaron o choque con moitas dùbidas e falta de intensidade, o que propiciaba que o Lalìn tomase as primeiras vantaxes no marcador con un parcial de 0-3 nos primeiros minutos do encontro. Pouco a pouco, as locais foron asentàndose no terreo de xogo, e con unha defensa 3:3 moi activa conseguìan recuperar balòns e ir recortando distancias no marcador, chegando ao descanso con un 14-13 a favor. Na segunda metade o equipo saiu de novo falto de intensidade, unha defensa pouco activa e sin anticipaciòns propiciaba que o Lalìn atopase situaciòns claras de gol. En ataque, a pouca movilidade de balòn e o abuso de acciòns individuais non lle permitia ao Xiria anotar, e o Lalìn volvìa a distanciarse no marcador con rendas de ata 5 goles. Os últimos minutos de partido as rapazas do Xiria tentaron reaccionar e darlle a volta ò encontro pero o pouco tempo que quedaba non foi suficiente e o Lalìn levou a victoria con un marcador final de 20-23. Malìa o resultado, houbo minutos de bo xogo tanto en ataque coma en defensa e o equipo deberà tentar no pròximo encontro ser màis constante durante os 50 minutos e non permitirse tantos altibaixos para poder facerse cos 2 puntos.