Derrota pola mínima do Punta del Este Xiria na Guardia

Guardés 16-15 Punta del Este Xiria

Este sábado na Guardia, as infantiles de ambos conxuntos, fixéronnos vivir un entretido e emocionante encontro. Os dous equipos saíron á pista dispostos a facerse cos 2 puntos, nun encontro no que as defensas foron superiores aos ataques. Comezaba dominando o equipo local, que a través da súa defensa 3:3 recuperaba balóns que se convertían en perigosas contras ben freadas polo repliegue defensivo das carballesas. Pouco a pouco, as rapazas do Xiria foron adaptándose en ataque, e as xogadoras de primeira liña conseguían conectar con facilidade coa pivote Leti, que aproveitaba a súa superioridade na liña de 6 metros para anotar. As da Guardia respondían tamén mediante o xogo de pase y va coa súa pivote o que facía que a igualdade reinara toda a primeira metade, chegando ó descanso con un marcador de 9-10 favorable as visitantes.

Comezaba a segunda metade con inferioridade númerica para as carballesas, que aínda así conseguían frear o primeiro ataque das de Guardés e anotar para poñerse por primeira vez no encontro 2 goles arriba. A partir de aquí o partido dou un xiro e ambos equipos, froito dos nervios, precipitábanse e cometían continuos erros en ataque tanto nos pases coma nos lanzamentos. O equipo local, tras un tempo morto, volvía a poñer a igualdade no electrónico aproveitando dous contraataques en primeira oleada das súas extremos. Co 14-14 no marcador e con só 5 minutos para que finalizara o encontro apareceu en escea a porteira local, que realizou 2 paradas moi meritorias que frustraron ás carballesas e puxeron o equipo local con vantaxe de 1 gol a falta de 30 segundos para rematar o partido. As visitantes pediron un tempo morto para organizar o último ataque do encontro e tentar polo menos facerse co empate, pero unha vez máis, tras unha boa xogada das carballesas que finalizaba con un lanzamento claro de 6 metros, apareceu a porteira local para atallalo e deixar os 2 puntos na Guardia.

Pese o resultado, gran encontro das infantiles do Punta del Este Xiria, que deixaron moi boas sensacións e de seguro que se seguen traballando así nos darán moitas alegrias ó longo da tempada. 

Punta del Este Xiria (10+5): María Porteiro (p), Alba Pereiro, Lara Hernández (1), Nerea Figueiras, Duna Barca (4), Catalina de Magalhaes (2), Lara Souto (1), Cecilia García (3), Sara Méndez, Leticia Santos (4) e Sara Rial.