Derrota pola mínima do Xiria B en Narón

O equipo sénior territorial viaxaba a Narón para enfrontarse a un rival que está situado por diante na táboa clasificatoria e que destaca pola súa calidade individual en varios dos seus xogadores. O equipo carballés tiña a difícil tarefa de frear o potencial ofensivo do equipo de Narón, acostumados a anotar moitos goles por partido.

ESPERANZAS COMIDAS BAR NARÓN 32 – XIRIA B 30

O comezo do partido foi bo por parte dos xogadores carballeses, conseguindo frear o ataque local e prantexando un bo ritmo e criterio no ataque posicional. Grazas a este inicio os carballeses conseguían poñerse por diante no marcador. Con todo, uns malos últimos minutos da primeira metade facían que os de Narón conseguiran darlle a volta o electrónico e darlle a volta ao resultado, o motivo, falta de ritmo no ataque en en consecuencia perdas de balón.

A saída ao encontro na segunda metade foi boa e de este xeito conseguiuse volver a igualar o partido. Desde ese momento o partido foi alternando entre uns e outros e acabou por decidirse por unha serie de malas decisións e os erros de lanzamento. Con todo, pode verse unha melloría en referencia aos anteriores partidos contra este mesmo equipo.