Dez minutos de desconexión privan ao Hierros Varela urbieta dun mellor resultado ante un dos favoritos

É evidente que o Hierros Varela Urbieta está a crecer como equipo e así o testemuñan os resultados desta segunda volta, que melloraron substancialmente con respecto aos da primeira parte da tempada.

Tamén foi así no partido que lles enfrontaba o pasado sábado ao Soapel Lavadores, un dos conxuntos máis fortes da categoría que está situado nos postos altos da táboa, loitando por conseguir unha praza para o campionato de España. As sensacións e o resultado das mozas de Xiria, foi mellor que o acontecido na primeira volta contra o mesmo equipo, pero aínda podería ser máis notable de non producirse unha desconexión total nos dez últimos minutos do primeiro tempo, onde os erros e a feble intensidade mostrada, regalaban un 9-0 de parcial ás locais que ao cabo sería definitivo.

Ata entón, as de Carballo trataban de igual a igual ás de Lavadores, cuxa diferencia non fora maior de dous goles nos primeiros dezanove minutos. Xustamente, o técnico visitante solicitaría o seu primeiro tempo morto no vinte do primeiro acto, cando o Soapel Lavadores conseguía a máxima renda ata o momento (14-11), pero a partir de aquí, o cúmulo de balóns perdidos, a precipitación nos lanzamentos e a falta de intensidade nos balóns divididos, facilitaría un 9-0 de parcial para as locais que sentenciaban o encontro pola vía rápida.

No segundo acto, as de Xiria comezarían de novo dando a boa imaxe do primeiros vinte minutos, esta sería a tónica de toda a segunda parte, na que as bergantiñás sempre tiveron os parciais gañadores ao seu favor, de feito, neste segundos trinta minutos, o Ferros Varela Urbieta conseguiría superar ao seu rival por un gol (17-18), diferenza que mesmo se disparaba ata os catro goles da falta de poucos minutos para a conclusión.

En definitiva, bo partido das rapazas de Xiria, pero tendo en conta co marxen de mellora a nivel da intensidade e actitude e todavía moi grande. Alcanzar unha maior regularidade e compromiso colectivo dentro do 40×20, son os principais obxectivos de un equipo en alza.

Soapel Lavadores: 41 (24+17). Tania Gómez, Athenea Barreiro (8), Marta Rodríguez (2), Michelle A. Fdez (2), Candela Franco (3), Alexandra Abalde (2), Paula Alonso (3), Erea Adell (6), Aroa Fdez (7), Nayara Alonso (1), Lucía Álvarez (4), Itziar Molinos (3).

Hierros Varela Urbieta: 29 (11+18). Lucía Lema (p), Elena Collazo (p), María Patiño, Nerea Varela (3), Nina Pereira (1), Stefanía Landri, Anna Mª Hernández (7), Coral Ruibal, Natalia Cancela (2), Lara Otero (10), Uxía Suárez, Marta Gómez (6), Leticia Santos, Valeria Figueroa.

Colexiado: Christian García. Non influíu no resultado final.

Incidencias: Encontro correspondente a 18ª xornada da 2ª volta na categoría DH Cadete Feminina disputado no pavillón de Lavadores o pasado sábado. Cerca de cen persoas que puideron ver o bo partido das rapazas do Hierros Varela Urbieta ante o Soapel Lavadores.