Diferente sorte para os dous equipos de Punta del Este Xiria

O Punta del Este Xiria A da Liga Ouro infantil femenina caeu derrotado polo Bm. Carballal nos últimos minutos tras ir dominando no marcador gran parte do encontro. A pesar de un inicio algo dubitativo e con moitas imprecisions, as de Zarra foron entrando no partido a partir da defensa, o que lles concedeu transicions rápidas que fixieron moito dano o equipo vigues. A igualdade ata ese momento daba alternancia no marcador pero con distancias moi curtas. Xa nos últimos compases do primeiro tempo, un arreon local colocou o 14-10 o descanso. Na reanudación, as carballesas sairon algo dormidas, perdendo a renta de 4 goles casi nun suspiro. Xa no final do encontro, e con empate a 22 no marcador, unha exclusión algo rigurosa botou o traste as aspiracions a conseguir unha victoria que xa merecen e que ainda se lles resiste. (23-25).

 

Diferente sorte correu o Punta del Este Xiria B, de Liga Prata, onde as verdes foron quen de sumar de novo os dous puntos ante o Bm. Lalin, no que foi o partido mais frouxo ata o de ágora. Os erros nos pases concedían as dezanas manter a iniciativa no electrónico, ainda que sempre moi cerca das locais. O bo facer da portería do Xiria e as combinacions nos intres finais encontrando a liña de seis metros Co pivote, terminaron por decantar un encontro sempre igualado(19-18). As de Zarra seguen no liderato unha semana mais, antes de visitar a outro dos favoritos do grupo, o Balonman Pabellon de Ourense.