Difícil vitoria do Tubasys ante o segundo clasificado

Difícil vitoria do Tubasys ante o segundo clasificado

O domingo pola mañán disputouse no Fogar o encontro entre o Tubasys, primeiro clasificado de Grupo, e o OAR Coruña, que permanecía na segunda posición con un partido máis. O comezo do encontro cunha defensa individual presionante colleu a contrapé ó conxunto visitante, que recibía goles de contraataque ata pedir un tempo morto para reorganizar filas. Sin embargo, a dinámica do xogo non cambiou moito ata case o final da primeira metade, onde as xogadoras carballesas máis novas tomaron o relevo e foron superadas polo forte 1×1 do equipo coruñés. Malia todo, a diferenza xa era importante e anticipaba un partido cómodo, pero nada máis lonxe da realidade (16-7).

Na segunda metade os reiterados erros non forzados por parte do Xiria lastraron a boa labor defensiva do conxunto, que abría a porta unha e outra vez ás transicións de primeira oleada do OAR. A sequía goleadora foi sangrante durante boa parte do segundo tempo, permitindo que o xogo centralizado do OAR na súa potente primeira liña recortara distanzas ata chegar a dous tantos. Non foi ata os derradeiros minutos cando unha chamada á calma permitiu cambiar o traballo ofensivo hacia os desmarques sen balón, atopando as dianas necesarias para dar o empurrón final e acadar os necesarios puntos.

TUBASYS XIRIA 26 – 22 OAR CORUÑA 1952

A vitoria do Maquisaba en Pontedeume se suma a do Tubasys no Fogar alcanzando os dous primeiros postos de Grupo para as carballesas neste arranque, pero aínda teñen moito que remar nas seguintes trece xornadas de Liga.