Doble xornada sen sorte para o Metalúrgica BB Xiria

Nesta Semana Santa chea de balonmán, ao Metalúrgica BB tocáballe doblar xornada. O xoves día 1, visitaba Carballo o Balonmán Culleredo Remax, nun partido adelantado da xornada número 4 e o sábado día 3 enfrontábanse ao CP Lucense, no partido aprazado da xornada número 1.

O partido do xoves tiña lugar no Pavillón Ceip Fogar, ás 12.00h e prevíase que ía ser moi igualado, e así foi. O encontro comezaba con moitas dúbidas por parte do locáis, que non se encontraban nin en ataque, moi estáticos, nin en defensa, con moi pouca intensidade. Na segunda metade, o partido igualaríase máis e o Metalúrgica conseguiría empatar, aínda que un empurrón final dos visitantes volvería a colocar a éstos 4 arriba, cun marcador final de 18-22.

METALÚRGICA BB XIRIA  18 (9+9): XANO RAMA, ALVARO GOMEZ, MARCOS VARELA, ANDRES PEDREIRA, XABIER FERNANDEZ, DIEGO BARBEIRA, NICOLAS MEJUTO, HUGO RIVAS, DANI MARTA, PABLO FRAGA.

BM CULLEREDO REMAX RIAZOR 22 (13+9): HUGO, BRUNO, JORGE, IAGO, MATEO, ADRIÁN, XOAN, ALVARO, MARIO, FELIX, VICTOR, BIEITO, ROI.

Logo da derrota do xoves, o sábado visitaba o Pavillón Vila de Noia, o CP Lucense. O partido volvía comezar moi mal para os de Carballo, e os de Lugo conseguían poñerse 2-8 nos primeiros 10 minutos. Logo do parón para a hidratación viuse un Metalúrgica BB máis solto e máis duro en defensa pero o mal inicio de partido volvía a pasar factura. A segunda metade, xa cos visitantes con 8 goles arriba non tivo moita historia e chegábase ao final do partido cun 20-30.

METALÚRGICA BB XIRIA  20 (9+11): XANO RAMA, ALVARO GOMEZ, MARCOS VARELA, ANDRES PEDREIRA, XABIER FERNANDEZ, DIEGO BARBEIRA, NICOLAS MEJUTO, HUGO RIVAS, DANI MARTA, PABLO FRAGA, UNAI COTELO.

CP LUCENSE 30 (15+15): GABRIEL, PABLO, AMIR, ALFONSO, HUGO, SAMUEL, RODRIGO, ROI, ENOI, BRUNO B, DANIEL, BRUNO V, DANIEL, LUCAS, ADRIAN.

O Metalúrgica BB non volverá xogar ata o 17 de Abril, onde terá que viaxar ata A Coruña para xogar un sempre emocinante derbi contra o OAR.