Doblete de victorias para os equipos infantiles do Punta del Este Xiria

Nunha xornada casi maratoniana, se desplazaban ambos equipos, en Liga Ouro a Vigo para enfrentarse o UB Lavadores, e ata Ourense na Liga Prata.

O equipo do Punta del Este A, lograba por fin a primeira victoria xa merecida, despois dun encontro que as de Zarra dominaban desde o principio cun ritmo de xogo alto, e conseguindo minimizar as pérdidas que outras semanas remataron por lastrar ás carballesas. As viguesas só resistiron no marcador ata o minuto 15(4-4), que foi cando as verdes despegaron no marcador encadenando varias defensas boas con goles a contra que dispararon a diferencia os seis goles(6-12 o descanso). Na reanudación as distancias foron aumentando co alto ritmo de xogo que puideron manter durante todo o encontro, e que se lle fixo costa arriba a un UB Lavadores con unha rotación mais xusta. 

O final(12-27), as do Xiria suman os dous primeiros puntos nesta Liga Ouro, que lles da folgos para continuar medrando.

Non o tivo tan doado o Punta del Este Xiria B, que viaxaba a Ourense para medirse o Bm. Pabellón. A pesar de ir case sempre por diante no electrónico, as diferencias non foron nunca grandes, mantendo a incertidumbre entre os dous favoritos do grupo na loita polo liderato. 

Moi boa aportación de Lara Varela na portería e os maravillosos minutos na segunda metade de Xulia Suarez onde encadenou varios goles que deron a puntilla as das Burgas(15-21), colocan ás carballesas no liderato en solitario.

Esta próxima semana tocaralles descanso polo parón da competición.