Dobre enfrontamento do equipos de Garaysa ante o Linea 21

Dobre enfrontamento do equipos de Garaysa ante o Linea 21

Fin de semana esixente para os equipos do Garaysa Xiria, que se enfrontaron en dúas ocasións ao Línea 21, con derrotas tanto do Garaysa B como do Garaysa A.

O sábado, o Garaysa Xiria B viaxou á Coruña para disputar o seu encontro ante o Línea 21, que rematou con 35-23 a favor dos locais. O partido estivo marcado por un mal inicio dos de Carballo e pola superioridade física do rival, que aproveitou para abrir diferenzas dende os primeiros minutos. A pesar de que o Xiria non baixou os brazos en ningún momento, non conseguiu recurtar distancias nin meterse de novo no partido.

Xa o domingo, en Carballo, o Garaysa Xiria A debutaba na Copa Federación tamén fronte ao Línea 21. O encontro comezou mal para os locais, con problemas en defensa que permitiron ao rival anotar con facilidade. Aínda que o Xiria intentou reaccionar a través de rápidos contraataques, o equipo visitante foi ampliando a súa vantaxe ata acadar unha diferenza de dez goles. Finalmente, o marcador reflectiu un claro 26-42 a favor do Línea 21.

Dúas derrotas ante un rival moi esixente que deixan aprendizaxes importantes para os equipos do Garaysa Xiria de cara aos próximos compromisos.