Dobre vitoria a domicilio para os nosos infantiles

Dobre vitoria a domicilio para os nosos infantiles.
Primeiros encontros logo do parón navideño, comezamos ó sabado ca visita a Abegondo, ante un equipo situado nun segundo posto da táboa, sabiamos que ía ser un encontro complicado e pelexado ate o final. Os nosos saíron moi centrados e motivados ao encontro, esto fíxose ver no campo e no luminoso cun parcial de 7-1 no minuto 10 de encontro. Pese a este parcial, o partido voltou a igualdade e remata cun 12-10 na nosa contra.
O segundo tempo volta ser moi igualado cun parcial de 1-5 para os de carballo, que conseguen manter ate o final do encontro.

Abegondo F40 (12+7): Atalo, Martin, Tabo, Diego, Daniel, Martin, Henrrique, Tomás, Yago, Leo, Gabriel,Diego, Jorge.

Metaúrgica BB Xiria (10+12) : Antón Pardiñas, Henrique Traba, Ávaro García, Daniel Periscal, Diego Mourelle, Jorge Rodriguez, Yago Sande, Marcos Suarez, Brais Suarez, Diego Barbeira,Simón Viña, Maxi Diaz.

O segundo encontro disputámolo en Liceo, un equipo situado por debaixo nosa na táboa, pero non nos podiamos relaxar despois e ter a carga de partido do dia anterior e coas diferentes baixas por lesions. Comezamos moi ben o encontro en defensa, pero o ataque non remataba de atopar o gol pese as boas ocasións xeradas. Retiramonos aos vestiarios cun 6-12 no luminoso.
O segundo tempo foi parte do mesmo, os nosos non estuveron ben de cara ao gol, pero si se amosaron moi cómodos e fortes en defensa. O encontro remata cun 12-22.

Colegio Liceo la Paz (6+6) : Anxo Garrido, Iker Rodilla(3), Felix Noya(2), Daniel Mourelo, Adrián Costa(1), Hugo Fernandez(3), Iker Curto(1), Daniel Gonzalez, Ignacio Seijo.

Metalúrgica BB Xiria (12+10) : Antón Pardiñas, Henrique Traba(1), Alvaro Garcia, Daniel Periscal(5), Diego Mourelle(3), Jorge Rodriguez, Yago Sande(5), Marcos Suarez, Brais Suarez(2), Diego Barbeira(2), Simón Viña, Maxi Dias.