Dobre vitoria dende a defensa para os equipos de Garaysa

Moi bo partido dos equipos infantís do Garaysa Xiria, que dende a defensa, conseguiron dúas vitorias de gran mérito.

Garaysa Xiria B 37 –  Librería Dalvi Lalín 20

Garaysa Xiria: Dani Pan, Álvaro Cotelo, Andrés Gómez, Lucas Radio, Rodrigo Rama, Quintín Insua, Román Pérez, Gonzalo García, Tomás Añón, Óscar Longueira, Jorge Nielsen.

Incidencias:  Partido correspondente á 6ª xornada da segunda fase da Liga Prata infantil masculina disputado no Pavillón do Fogar (Carballo)

Comezaba o partido moi intenso o Garaysa dende unha defensa 5:1 non habitual para eles, pero que sí lle sacaría o máximo rendemento posible. Avanzaba a primeira metade e a partires do minuto 10, os de Carballo poñíanse por diante e dende ahí o partido non tivo máis historia. O Garaysa, cunha defensa intensa e con axudas de todos os compañeiros, conseguía unha vitoria por 37-20 que de seguro lle axudará para os vindeiros partidos.

 

Garaysa Xiria 30 – UB Lavadores 14

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Desale López, Unai Cotelo, Iker Lema, Lucas Fajardo, Héctor Dubra, Ivan Rey, Saúl Fuentefría, Dani Pan, Álvaro Cotelo.

Incidencias:  Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón do Fogar (Carballo)

Chegaba o Garaysa de 2 derrotas consecutivas, logo da mala imaxe tanto en Culleredo como contra Carballal. Os de Carballo saíron cunha alta intensidade en defensa, onde nos primeiros minutos só tiñan recibido 1 gol. Avanzaba a primeira metade e coa mesma tónica de defensa e contrataque, o Xiria chegaba ao descanso con 8 goles de vantaxe e con tan só 6 goles encaixados.

A segunda metade foi un calco da primeira e o partido non tivo máis historia, co que se chegou ao final cun 30-14 a favor dos locáis.

A próxima fin de semana o Garaysa non terá competición.