Dobre vitoria do Calvo Xiria para manterse nos postos de Play-Off

Coas dúas vitorias desta semana, o Calvo Xiria mantense en postos de play-off a tan só un encontro para o remate da primeira fase.

No encontro do sábado, as nosas desprazáronse ata Vigo para desputar o partido aprazado da xornada 13 ante Seis do Nadal. Na pista de Balaídos puidose ver á fortaleza defensiva do coxunto carballés que concedeu apenas tres tantos nos primeiros 15 minutos. Tralo folgado parcial inicial, certa relaxación por parte das nosas e as abundantes rotacións impedían aumentar a distancia no marcador chegando ó descanso cun marcado 10-17.

Á volta dos vestiarios, a superioridade carballesa seguía moi latente. O Xiria distanciábase cada vez máis no marcador grazas as rápidas transicións que afundían ó equipo olívico. Mención especial para Elena que con 10 tantos foi a máxima goleadora dun encontro que rematou 17-34.

Con certo cansancio, o domingo o Vila de Noia recibía a visita do Activamostucasa Bm Caselas noutro encontro trascendental para afianzar o a terceira praza na táboa. As nosas non defraudaron, a pesar de acusar a fatiga foron quen de ir por diante no marcador durante todo o encontro. 

A defensa volveu a ser fundamental, xa que no tramo final do encontro as carballesas só conseguiron anotar un tanto. Cunha mínima renda de dous goles a chegando ó remate do encontro, unha parada de Nadia dende os sete metros deu folgos as nosas que conseguiron levarse o encontro por 21-19.

Este domingo as 12:00 en Lalín o Calvo Xiria xoga o derradeiro encontro da primeira fase onde unha vitoria clasifica as nosas para a desputa dos Play-Off.