Dobre vitoria do Garaysa Xiria esta fin de semana

Dous moi bos partidos do Garaysa Xiria esta fin de semana que o acercan aos seus rivais na loita pola Final Four.

Garaysa Xiria 27 – Balonmán Cangas 25

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Rubén Nogareda, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Unai Cotelo, Izan Cabeza, Xabi Fernández, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pedreira, Lucas Fajardo, Saúl Fuentefría, Álvaro Gómez.

Incidencias:  Partido correspondente á 16ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo)

O Garaysa comezaba o partido con moitos erros en ataque e moi estáticos ante a defensa presionante do Balonmán Cangas. Transcorrían os minutos e os de Carballo comezaron a soltarse máis e a xogar moi ben sen balón, o que fixo que se chegara ao descanso cun marcador moi axustado.

Na segunda metade, o Garaysa axustou un pouco máis a defensa e grazas a varias accións positivas en ataque collía unha pequena vantaxe que foi suficiente para levarse os dous puntos, e volver á senda da vitoria.

Garaysa Xiria 23 – Cp Lucense 19

Garaysa Xiria: Pablo Fraga, Marcos Varela, Nicolás Cancela, Andrés Pombo, Unai Cotelo, Izan Cabeza, Dani Marta, Xano Rama, Andrés Pedreira, Lucas Fajardo, Saúl Fuentefría, Álvaro Gómez.

Incidencias:  Partido correspondente á 10ª xornada da Liga Ouro infantil masculina disputado no Pavillón Ceip Fogar (Carballo).

O encontro comezaba moi igualado, onde as defensas e os erros de lanzamento eran os grandes protagonistas nos primeiros minutos. A primeira metade avanzaba e o Xiria comezaba a encontrarse cada vez máis cómodo no partido, con grandes accións ao contragol e moitos cambios de posto e xogo co pivote en ataque.

A segunda metade foi claramente para os de Carballo, onde grazas a unha gran defensa na zona central conseguía deixar aos de Lugo en só 8 goles e completaban así un gran partido que lles sirve para seguir na loita por meterse na Final Four.

A próxima fin de semana o Garaysa Xiria ten dobre xornada. O sábado visitará a pista do líder Balonmán Lalín e o domingo recibe no Vila de Noia ao Carballal.