Dobre vitoria do HVU Xiria para celebrar o entroido

As nosas xuvenís fixeron un pleno de puntos ante dous rivais directos ós que non foran capaces de vencer nos duelos anteriores.

O sábado visitaba o Vila de Noia a SD Teucro Clínica Veterisaúde no encontro correspondente á 15ª xornada. Nun inicio bastante dubitativo das nosas, os pontevedresas conseguían gañar a maioría dos duelos nas accións de un contra un. Co paso dos minutos, as sensacións en ataque eran cada vez mellores e o rival, apenas sen trocos no banquillo, comezaba a notar certa fatiga.

Tralo paso por vestiarios, o Teucro volvía á pista cunha vantaxe de dous goles que pronto desaparecería do marcador grazas ó acerto de Duna, que liderou o ataque local na segunda metade. A fatiga visitante era cada vez maior e o Xiria actuaba cada vez con máis forza, apoiado cunha boa defensa 5:1 no tramo final. As carballesas estaban desatadas e a diferenza no marcador facíase definitiva.

Resultado final de 28-24 e pouco marxe para preparar o segundo encontro en plena festividade.

O Mecalia Atlético Guardés visitaba o CEIP Fogar coa vitola de favorito para desputar o encontro aprazado dende a novena xornada. O encontro comezou cun Xiria moi motivado e cunha presión abafante en defensa onde Marta foi quen de roubar ata tres balóns para impoñer un 3-0 de inicio. Tras este pequeno parcial, o Guardés impuxo a súa intensidade defensiva, combinada mellor en ataque e parecía ter o partido controlado.

Cun 8-10 ó descanso, as dúbidas da segunda metada e a brillante actuación das porteiras de ambos conxuntos auguraban un encontro de marcador baixo. O acerto de Duna en accións ó límite do pasivo só obtiña resposta con tantos dende os 7 metros.

A igualdade foi máxima ata que un cambio defensivo a 5:1 nas carballesas provocaba moitas imprecisións nas visitantes e tres accións de mérito de Lara Souto e Lara Otero levaban o marcador ata o 20-17.

Resultado final 20-18 nunha vitoria coral no que a unión das xuvenís do Xiria foi a chave para levar os dous puntos. Dous vitorias moi merecidas que colocan o HVU Xiria na metade da táboa e que confirman a mellora dun equipo cheo de xogadoras cadetes que non paran de medrar semana a semana.

Sen moito tempo para desfrutar do éxito do entroido, as nosas viaxan este sábado ás 10:30 a Redondela para medirse ó Sar Rodavigo na loita pola sexta praza da táboa.