Os catro puntos acadados contra o Balonman S.D. Samertolameu e o Seis do Nadal – Coia serven ó noso senior feminino para manterse líderes e confirman o bo estado de forma.
A fin de semana comezaba o venres co encontro adiantado da xornada 12 contra o duro conxunto moañés. Nun pavillón do CEIP Fogar ateigado, o Xiria dominio o encontro dende o comezo con moita seriedade en defensa e con rápidos contraataques liderados por Marta e Elena que permitiron alcanzar sete tantos de vantaxe nos primeiros vinte minutos (12-5). Nos últimos compases da primeira metade, a mellora no xogo de ataque visitante e falta de entendemento nas rotacións carballesas deixaban o 14-11 ó descanso.
Nunha segunda parte de idas e voltas, o Calvo Xiria foi por diante todos minutos e a vitoria non parecía peligrar en ningún momento. Os desaxustes defensivos foron ben solucionados por Nadia en portería e dureza defensiva visitante no posicional era superada polas rápidas oleadas carballesas. Final 28-21 nun encontro que comezou coa mostra de apoio a Sheila e Alba por parte de todos os conxuntos femininos do clube tras cadansúa lesión de xeonllo e que foi tamén o debut de Lara Souto que acabou anotando dous goles.
Xa o sábado, as nosas viaxaban a Vigo nun encontro que nada tivo que ver ó do día anterior. Tras uns primeiros quince minutos de moitas imprecisións por parte de ambos equipos, o Calvo Xiria comezou a impór a súa superioridade e o conxunto olívicio nun puido facer fronte ó dominio carballés. Partido que serviu para repartir minutos entre todas as xogadoras e no que a vitoria (11-37) non peligrou en ningún momento. A nota positiva foi a volta, con gol incluido, de Lucía España á pista tras dous anos afastada por una lesión no ombrerio.