Dobre xornada con bo sabor para o Garaysa Xiria

O xoves o Garaysa conseguía facerse coa vitoria ante un Bm Chapela que necesita máis experiencia na liga e na mañá do sábado conseguía dous puntos moi valiosos ante un dos favoritos na división de honra.
Estes resultados permiten aos carballeses seguir nos postos altos da táboa despois de 6 xornadas cunha bagaxe de 5 vitorias e unha derrota.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Dos Deportes de Redondela ante un centear de seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: José María García do colexio galego. Sen complicacións.

BM CHAPELA 21 ( 7 + 14 ): Xoel Fernández, Pablo Álvarez, Yago Raimundez, Jorge Fonseca, Rubén Conchoucho, Ángel Pérez, Iker Rodríguez, Hugo Alonso, Jorge Domato, Adri Cerqueira, Gabriel Iglesias, Xacobe Mullek, Ivor Rodríguez.

GARAYSA XIRIA 35 ( 19 + 16 ): Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Alberto Suárez, Julián García, Miguel Goimil, Martín Fuentes, Juan Martín Fajardo, Alberto Rodríguez.

Viaxaban os carballeses ata Redondela; aproveitando o xoves festivo para disputar a xornada 5 da competición; ante o Bm Chapela.
Os locais; con xogadores moi novos e pouco experimentados na competición infantil; sufriron na primeira parte un duro parcial de 7 a 19 ante un Garaysa que empeza a coller o ritmo competitivo.
Co partido resolto; os visitantes relaxáronse en demasía; e cometeron demasiados erros defensivos; nos peores 25 minutos de xogo no que vai de tempada. Ao final o resultado foi de 21 a 35 a favor.

Un equipo, o Garaysa Xiria; que demostra que se perde o espírito competitivo e a intensidade; pode ser moi vulnerable ante calquera equipo.
Por contra; como demostrou na mañá do sábado, en Carballo ante o Cisne de Pontevedra; pode chegar a ser un gran equipo a todos os niveis traballando colectivamente; que non se rende e loita por cada balón.
Na primeira parte; o partido foi moi igualado con alternancias no marcador para un e outro equipo. Algarismos baixos e defensas intensas con dous conxuntos que movían ben o balón en ataque.
A falta de 7 minutos para o final da primeira metade cos carballeses dous goles por encima, o adestrador pontevedrés solicitaba un tempo morto. Saía con forza o Cisne, que endosaba un parcial de 5 a 1 para irse por diante ao descanso 11 a 14.

Na segunda parte; o nivel defensivo do Garaysa Xiria, foi o mellor da tempada, ben compacto con axudas e roubos de balón apropiábase do encontro. Aos poucos, conseguía remontar o resultado e mesmo poñerse por diante ata unha máxima diferenza de 3 goles. Moita tensión e moito desgaste nos xogadores dos dous equipos, que estiveron ben arroupados por ambas as afeccións; moi animadas durante todo o encontro.

Incidencias: Partido disputado no pavillón Ceip Fogar ante 150 seareiros de ambos conxuntos. Colexiado: Pablo Torreiro do colexio galego. Sen complicacións.

GARAYSA XIRIA 29 ( 11 + 18 ): Darío Calviño [p], Mateo Pallas [p], Andrés García, Ángel Viña, Esteban Puñal, Alberto Suárez, Julián García, Miguel Goimil, Martín Fuentes, Juan Martín Fajardo, Alberto Rodríguez, Samuel Veiga y Pedro Porteiro.

CISNE DE BALONMAN 26 ( 14 + 12 ): Borja Fernández, David Fernández, Enrique Domínguez, Gabriel Fontela, Hugo Pérez, Ignacio Álvarez, Iker Latas, Jorge Pazos, Luis Fernández, Manuel Couso, Martín Santos, Miguel Sierra, Rubén Siqueiros, Salvador Montes.

A seguinte semana; enfrontarase o Garaysa Xiria ao Oar Coruña nun novo derbi provincial. A loita polos dous puntos será de vital importancia nun partido que se disputará o domingo pola mañá en Carballo; no pavillón Vila de Noia.

Galería Bm Chapela – Garaysa Xiria:

Galería Garaysa Xiria – Cisne: