Dobre xornada de boas sensacións para as nosas senior

Dobre xornada de boas sensacións para as nosas senior

Calvo Xiria 23-14 Bm. Porriño
 
O Calvo Xiria sumou unha importante victoria este pasado venres no Fogar ante un rival directo pola permanencia, acadando así dous puntos que lle otorgan aire para os partidos venideiros.
A primeira parte do encontro foi disputada, cas carballesas por diante a partir dunha defensa férrea e a aportación estelar da guardarredes local. Esas accións defensivas permitiron a saída á contra das extremos verdes que aproveitaron moi ben para ir abrindo brecha no electrónico.
O segundo tempo tivo a mesma tónica, onde as carballesas lograron alcanzar os dez goles de diferencia, factor moi a ter en conta para os posibles desempates, co cal a victoria cobraba máis valor se cabe.
 
Despois desta victoria, as carballesas afrontarian o segundo encontro da semana, ante o líder, o Bm. Cangas
 
Calvo Xiria 23-33 Bm. Cangas
 
O líder visitou na tarde do sábado o Vila de Noia, nun enfrentamento onde as carballesas plantexaron batalla ante un rival imbatido polo que vai de temporada. As do Xiria comenzaron o encontro cunha actitud defensiva encomiable, dominando no electrónico ata o minuto vinte, foi ahí onde unha cadena de erros propiciaron que as do Morrazo voltearan a situación, chegando ó descanso cunha renta de dous goles. 
Co comenzó da segunda metade, as perdas de balón locais permitiron as visitantes alargar esa diferencia, que se voltaria insalvable para as bergantiñás, que a pesar das boas sensacions, nada puideron facer por complicar os puntos o líder.
 
A próxima semana viaxan ata Poio para un partido que se antoxa vital