Na tarde do sábado o Fogar era testigo do encontro aprazado entre os dous equipos do Xiria para disputarse a primeira praza da clasificación, que dende os primeiros compases amosaron unha enorme competitividade no 40×20. A alta intensidade defensiva lograba numerosas recuperacións para ambos conxuntos con mesmo número de contraataques, pero o Maquisaba foi quen de coller a dianteira por escasa marxe. O lance desenvolveuse a un ritmo alto ata os derradeiros minutos da primeira metade, onde o Tubasys deu a volta ó electrónico coa axuda da porteira Alba (19-17).
Na segunda metade os erros de lanzamento e a boa actuación da gardameta puxo terra de por medio entre ambos conxuntos, obrigando a unha temprana chamada á calma por parte do Maquisaba. O intercambio de goles se mantivo ininterrumpido durante boa parte da segunda metade, ata que a primeira liña do Tubasys recurriu á súa velocidade para vencer nos 1×1 con solvencia, sentenciando un encontro moito máis reñido do que indica o resultado.
TUBASYS XIRIA 43 – 33 MAQUISABA XIRIA
Apenas unhas horas despois, o Maquisaba xuntaba forzas para encarar o seu segundo enfrentamento da semana. O Brigantium, esperando a defensa presionante do Xiria, tivo unha mellor actuación que nos primeiros enfrontamentos da Liga. A mínima vantaxe daba o liderazgo ás carballesas, pero non foi ata o tempo morto que o Xiria aumentou a súa intensidade defensiva (13-21).
Na volta á pista, o Maquisaba volveu a caer en numerosos erros de lanzamento por segundo día consecutivo, estragando gran cantidade de ocasións de lanzamento doadas. A boa actuación defensiva deixou poucas tentativas nas mans das locais, malia que non foron quen de capitalizar as accións de ataque logradas ante o 6:0 rival. O 50% de efectividade no lanzamento non foi decisivo nesta ocasión, pero deixou un partido moito máis apretado.
BM. BRIGANTIUM NUNEGAL 28 – 40 MAQUISABA XIRIA
Para o último lance da xornada, o Tubasys recibiu no Vila de Noia a un Pontedeume con baixas. A mellora das xogadoras do Pontedeume foi palpable na primeira metade, onde prantaron cara ó primer clasificado, pero a rotación e o fondo de banquillo do Tubasys mantiveron unha alta intensidade durante todo o tempo de xogo, queimando os folgos dun equipo que foi de máis a menos ante o ritmo frenético imposto polo Xiria.
Reparto de esforzos nun partido con rotación constante e excelente traballo defensivo. O Tubasys pecha a xornada como lider na primeira posición, seguido de preto polo Maquisaba e OAR.
TUBASYS XIRIA 38 – 19 BALONMANO PONTEDEUME


