Dous equipos do Xiria loitarán na Fase Final Alevín de Balonmán 7 en Culleredo

Dous equipos do Xiria loitarán na Fase Final Alevín de Balonmán 7 en Culleredo

Este Sábado os equipos alevíns LK Xiria e Marmolería Jose Rey Xiria xogan en Culleredo, no Pabellón de Almeiras, a Fase Final Alevín de Bm7, que servirá como colofón á unha magnífica tempada que está a piques de rematar.

Ambos equipos veñen de acadar o 1º e o 2º posto na Fase Final de minibalonmán, desputada a pasada fin de semana en Carballo, e este Sábado pelexarán por acadar o título na competición de Balonmán 7.

A Fase Final será en formato de eliminatoria entre os 4 primeiros clasificados na Copa Delegación:

10:00h – Bm. Culleredo – Arteixo Bm.

11:00h – LK Xiria – Marmolería Jose Rey Xiria

12:00h – 3º e 4º posto

13:00h – FINAL

As rapazas do equipo alevín feminino, Punta del Este Xiria, xogarán repartidas en ambos equipos e tentarán axudar aos seus compañeiros a facer o mellor papel posible nesta fase final.

¡¡Moita sorte a todos!!