Dous puntos de Ouro para o Grupo Lemaco A

Dous puntos de Ouro para o Grupo Lemaco A

O Grupo Lemaco A acadou unha importante e difícil victoria na Guarda na mañá do sábado ante o filial do At. Guardés que se mostrou moi combativo durante todo o encontro.

As carballesas tiveron un bo inicio, con moi boa dinámica de pernas na defensa, que lle facilitaba a labor de Lara en portería, conseguindo as primeiras vantaxes, pero co paso dos minutos o xogo foi voltándose máis impreciso con erros pouco habituais nos pases, e sobre todo no xogo táctico onde por momentos non rexiu o orde, e isto foi moi ben aproveitado por un Guardés con menos tensión o que lle permitiu chegar ó descanso tres goles arriba.

Na reanudación as cousas non melloraban, momento que decidiu o técnico visitante subir a defensa a unha 4-2 onde as pontevedresas comezaron a cometer máis erros, e as do Xiria aproveitaron para voltear a situación . Unha vez ahí, as verdes mantiveron o tipo a pesares das dificultades e conseguiron amarrar unha victoria que se antoxa moi importante de cara as tres últimas xornadas onde encaran no liderato, a tres puntos do Bm. Cangas e a catro da SAR de Redondela. Este fin de semana recibirán o Bm. Carballal en Carballo en outra final para as verdes.