Dous puntos para o Garaysa Xiria que valen unha praza no Campionato Estatal

Dous puntos para o Garaysa Xiria que valen unha praza no Campionato Estatal

A pesar do que había en xogo, o Garaysa Xiria deixaba os nervios ao carón, saíndo moi concentrado no que tiña que facer para levar os puntos. O conxunto labor defensivo foi a clave unha vez máis para impor pequenas diferenzas. En ataque, a boa mobilidade de balón facía participes a todos o compoñentes do equipo, e o Luceros sufría nunha primeira parte na que se viu superado en todos os aspectos do xogo, chegando ao descanso cun 19-10.

Ao comezo da segunda metade, o Luceros non lle perdía a cara ao partido, e subía a intensidade en defensa, recortando diferenzas cun parcial de 0-3. O Garaysa que saía relaxado, espertou a tempo, e facendo o que máis lle gusta, empezando a traballar desde atrás, con rápidos contrataques, deixaba o partido sentenciado cando aínda restaban 10 minutos para o final.

Esta é a segunda vez que un equipo infantil das Escolas Balonman Xiria participa no campionato de España, ademais doutras moitas en categorías superiores. Unha oportunidade de competir, coñecer e convivir con nenos doutras provincias e de seguir crecendo como xogadores, para ser participes algún día dos éxitos do primeiro equipo.
O campionato terá unha primeira fase de grupos formado por 4 equipos, en cada grupo, que xogarán a unha volta os días 27, 28, 29 de maio.

A semana que vén, dispútase a última xornada da fase final, onde o Garaysa Xiria visita a pista do Cisne, en Pontevedra.
Incidencias: Partido disputado no Pavilló Carballo Calero cunha boa entrada, con preto de 150 seareiros. Colexiado: Pablo Manuel Barreiro Suárez do colexio galego. Sen complicacións. Castigou con exclusións a Juan Pereira e Adrián Mesejo por parte local, namentres polo Luceros foi sancionado Brais Cordeiro. / 7 metros: Garaysa Xiria 1/1 // Luceros 1/2.
Marcador cada 5 minutos: 4-1, 7-3, 11-5, 15-7, 19-10, descanso, 20-13, 22-15, 26-17, 31-20, 34-24.

GARAYSA XIRIA 34 ( 19 + 15 ): Julio Ferreiro [p], Diego Lema [p], Mario Rincón (4), Daniel Mallo (2), Alejandro Gómez (5), Mario Cancela (7), Juan Pereira (1), Diego Antelo, Iago Rincón (4), Adrián Mesejo (5), Iker Martínez (1), Franco Rial, Xurxo Díaz (1), Fernando Mallo (4).

LUCEROS 24 ( 10 + 14 ): Brais Cordeiro (1), Sergio Piñeiro, David Pousada (1), Adrián Gómez (4), Adrián Bernández (3), Hugo Alonso, Javier Fernández, Iago Fonseca (2), Diego Pousada, Abel Piñeiro, Gonzalo Piñeiro (3), Yoel Cutra (4), Pablo Giraldez (6), Álvaro Rodríguez.

Garaysa-Luceros Garaysa-Luceros2 Garaysa-Luceros3 Garaysa-Luceros4 Garaysa-Luceros5 Garaysa-Luceros6 Garaysa-Luceros7 Garaysa-Luceros8 Garaysa-Luceros9 Garaysa-Luceros10