Na mañán do sábado o Atlético Guardés viaxou ó norte coma segundo clasificado sen coñecer derrota na fase ligueira sabendo que os puntos xogados en Carballo serían de gran importancia de cara a clasificación final.
O partido comezou con cunha defensa moi intensa en 6:0 do Seguros Sueiro que limitou a capacidade goleadora que amosa sempre o Guardés, levando ás visitantes a realizar tentativas en zonas pouco efectivas de lanzamento por parte de Carmen e Iratxe ante unha sólida Carla en portería. Poca contra, o Xiria aproveitou os contraataques en primeira e segunda oleada para atopar os buratos no 6:0 aberto do Mecalia pola man de Sara, Lara Hernández, Duna e atopando a Leti no posicional, poñendo así distancia no marcador co (9-3) do minuto 12. As exclusións de Marina e Lara na primeira metade ofreceron unha oportunidade para as guardesas, que mantiveron as distancias ata o (18-10).
Na segunda metade o Mecalia optou por subir a defensa a 5:1 e aumentou a intensidade dos 1×1 por parte da primeira líña en ataque, rompendo a dinámica positiva da defensa verde. Aínda así, o electrónico mantivo as distancias ata o (28-22) no minuto 50, onde as locais tiveron que solicitar tempo morto para chamar á calma. Coas ideas máis claras e sen presión, o Seguros Sueiro cortou as perdas de balón e volveu aproveitar as situacións sinxelas de contraataque ata o (35-25) final.
Tan só un punto separa a Xiria, Guardés, SAR e Carballal na táboa, e os conxuntos xa se preparan para o choque da vindeira xornada, onde o Seguros Sueiro viaxa a Redondela para enfrontarse a outro rival directo que non coñece derrota dende que o propio Xiria gañara de un tanto no Play-Off de ascenso. Dous equipos con dinámicas positivas que loitan por afianzarse nos primeiros postos da clasificación.
Seguros Sueiro 35 – Mecalia Atlético Guardés 25
Árbitros: Pablo Torreiro e Iván Hernández