Dúas vitorias e unha derrota para os conxuntos masculinos de BM5

Dúas victorias e unha derrota foron os resultados que colleitaron o pasado Sábado en BM5 os conxuntos alevíns masculinos de E.BM.Xiria. Mentres o Telepizza e o Lista Xiria, vencían por 8-0 os seus respectivos rivais, o Laber Xiria caía por 8-0 en Camariñas fronte o Camariñas B.

O Lista Xiria completaría un bo partido fronte ao BM. Xallas e imporíase con solvencia no primeiro, terceiro e cuarto tempo, aunque o segundo cuarto foi algo máis axustado e tan só puideron vencer po la mínima. A defensa foi clave no transcurso do encontro.

Lista Xiria vs BM. Xallas:  8-0 (11-7 / 8-7 / 11-1 / 11-7)

Polo Lista Xiria xogaron: Henrique, Mejuto, Marcos Varela, Yago Sande, Andrés Pedreira, Daniel Marta, Aday.

 

Pola súa parte, o Telepizza superaría a derrota da semana pasada ante o Camariñas B e imporíase de forma contundente o Ribadosar.es por un resultado de 8-0. Os de Carballo sempre foron por diante no marcador e solventaron de forma sinxela todos os tempos.

Telepizza Carballo Xiria vs Ribadosar.es:  8-0 (7-3 / 15-5 / 11-10 / 13-3)

Polo Telepizza Carballo Xiria xogaron: Antón Pardiñas, Marcos Suárez, Xabi Fernández, Diego Mourelle e Diego Barbeira, Álvaro Gómez.

 

Por último, os rapaces do Laber Xiria xogarían fronte o conxunto de Camariñas B. Un equipo moi forte e con unhas capacidades físicas sobresaintes dos seus rapaces. O competíu moi ben e mesmo foi capaz de ceder pola mínima ou de xeito axustado na mayoría dos tempos, pero no puideron traer ningún punto para Carballo.

Laber Xiria vs Camariñas B:  8-0

Polo Laber Xiria xogaron: Nico Cancela, Maxi, Dani Periscal, Brais Suárez, Xano, Álvaro García, Lucas Amado, Jorge Rodríguez.