Dúas vitorias e unha derrota para os equipos de Garaysa esta fin de semana

Bo fin de semana para os nosos equipos infantís masculinos na volta ás competicións, onde conseguiron dúas vitorias e pelexaron ata o final na derrota do domingo.

Garaysa Xiria A 75 – Oar Coruña 8

Garaysa Xiria: Desale López, Iker Lema, Ivan Rey, Gonzalo García, Quintín Insua, Rodrigo Rama, Lucas Radio, Brais Sánchez, Román Pérez, Dani Pan.

Incidencias:  Partido correspondente á 1ª xornada da Fase de Clasificación infantil masculina disputado no Pavillón Fogar (Carballo)

Primeira toma de contacto para o Garaysa A esta tempada no que foi un partido moi cómodo para os de Carballo, e que a pesares da diferencia de resultado, conseguiron facer un partido moi serio ata o final, sen relaxarse en ningún momento.

O Garaysa consegue os primeiros 2 puntos nesta fase de clasificación, onde a semana que ven viaxan a O Rosal para enfrontarse a un sempre difícil Atlético Novás.

Bm Culleredo Climanosa 18 – Garaysa Xiria B 37

Garaysa Xiria: Héctor Dubra, Manuel P. Mira, Tomás Añón, Sergio Pérez, Roi Pérez, Manuel P. Fieira, Gael Romero, Marco Núñez, Álvaro Cotelo, Jorge Nielsen, Óscar Longueira.

Incidencias:  Partido correspondente á 1ª xornada da Pretempada Prata infantil masculina disputado no Pavillón de Almeiras (Culleredo)

Gran partido do Garaysa B dende o inicio, onde grazas a unha gran defensa de todo o equipo e unha moi boa subida de balón conseguía sacar vantaxe nos primeiros minutos. A segunda metade sería máis do mesmo, e os de Carballo, dende a defensa, ampliaban a diferencia, co que se chegaría ao final cun 18-37 para os carballeses.

Bm Culleredo Optica Gallaecia 40 – Garaysa Xiria C 18

Garaysa Xiria: Román Pérez, Diego Varela, Mateo Viña, Pablo Seoane, Iker Martínez, Fallou Thioune, Héctor Antelo, Antón Cortes, Pablo Gonzalez, Daniel Valencia.

Incidencias:  Partido correspondente á 1ª xornada da Pretempada Prata infantil masculina disputado no Pavillón de Almeiras (Culleredo)

Non tivo a mesma sorte o Garaysa C, que comezaba o partido moi cómodo en ataque, pero con moitas dúbidas en defensa nos cambios de opoñente. A primeira metade avanzaba, e  os locáis conseguían un pequena vantaxe de 5-6 goles.

Na segunda metade, os de Carballo, demasiado precipitados, non foron capaces de superar a defensa do Culleredo, pero loitaron ata o final nun partido que lles servirá para seguir mellorando.