Duelo de altura na visita do Calvo Xiria ao Balonman Saeplast Cañiza

1ª Nacional masculina

Segundo partido seguido a domicilio ,para un Calvo Xiria que para seguir coa súa boa serie de resultados ten que cortar a do Bm Cañiza; por tanto dous equipos en bo estado de forma que seguro deixarannos un gran espectáculo sobre o 40×20.

O Calvo Xiria ten algunhas dúbidas para facer a convocatoria. O amplo cadro de persoal do que dispoñen esta tempada; é para momentos como este.

Desde a volta de nadal o equipo mellorou notablemente na parcela defensiva; e nos momentos onde non son capaces de defender tan ben, adaptanse para seguir competindo; así se explica que sexan primeiros,

Esta fin de semana, o conxunto da Cañiza, é cuarto; e coa mira posta nos postos altos da clasificación; deberá entón o Calvo Xiria esixirse ao máximo nivel, para parar a homes como Alejandro Pereiro, Javier Bernárdez e Xosé Canedo entre outros, e adaptar o ataque ás combinacións defensivas do 6:0 e o 5:1 que presentan os locais.

Ass claves do partido estarán nas transicións; onde o balance defensivo cobrará protagonismo, e o contraataque será unha das principais armas dos dous equipos. A recado, os porteiros terán algo que dicir ao longo dos 60 minutos.

Por tanto, dous puntos en xogo, que de sumalos; o Calvo Xiria achegaríase ao seu principal obxectivo.