Duelos vibrantes ao longo da fin de semana

O sábado xoga un partido importante o Calvo Xiria no Vila de Noia ás 20:30 contra o Balonmano Ingenio. Os insulares; veñen dunha mala serie de resultados e o Calvo Xiria quere afianzar o seu xogo, e lograr os dous puntos, para subir algún posto na clasificación. Para iso, deberán ser máis constantes e manter o seu estilo de xogo ao longo dos 60 minutos. A defensa é un dos alicerces do equipo, que fai un chamamento á afección, para facer ruxir o Vila de Noia.
 
O Goldie Xiria Carballo Turismo, xogará o vindeiro domingo a domicilio. As carballesas desprazaranse a Ourense para enfrontarse ao BM. Pabellón de Ourense no complexo deportivo de Oira. O encontro, ao que chegan as bergantiñás con moita ilusión e un bo estado de forma despois de tres vitorias consecutivas, comezará ás 12:30 h. O conxunto das burgas é un dos que mellor están a funcionar neste inicio de tempada, polo que as mozas do Goldie deberán de relar a perfección e alcanzar a regularidade nos sesenta minutos de xogo. O nivel exhibido a semana pasada fronte ao BM Chapela, será o mellor comezo para que as de Xiria somen opcións para levar os dous puntos nunha pista certamente complicada.
 
En categorías base, o sábado visítanos o AD Carballal de Vigo; nuns duelos que xa son todo un clásico do balonmán galego. Abrirán a xornada ás 10:00, os infantís do Garaysa Xiria; que de lograr a vitoria empezarían a abrir brecha sobre os seus perseguidores, xa que haberá duelos directos entre os de cabeza, onde o actual líder é o propio Garaysa. Ás 11:15 seguirá o Grupo Lemaco Xiria, que mellorou o seu xogo, e quere cortar a mala serie de resultados das últimas semanas. Por último, pecharán a mañá, ás 12:45, os xuvenís do Laber Xiria, nun dos mellores partidos que se poden ver nesta categoría. Antóllase emocionante e fundamental para o Laber minimizar as perdas de balón en ataque para consolidar o seu xogo, diante dos vigueses que son os actuais lideres.
En categoría provincial; os infantís do Metalúrgica BB Xiria, viaxan ata Pontedeume, para xogar o sábado ás 11:00 no pavillón A Casqueira. O mozo conxunto de Xiria que segue en escala ascendente, debe de suplir con valentía a diferenza antropométrica, con respecto aos seus rivais. En categoría alevín, o Gallega de Mallas Xiria enfróntase ao Abegondo Todo Deporte, o sábado ás 10:00 no pavillón San Marcos.
 
Na División De Honor feminina, as infantís de Punta Del Este y las cadetes de Hierros Varela Urbieta, reciben o sábado ao club olívico do barrio de Lavadores. Mentres as infantís, con catro puntos na clasificación, reciben a un conxunto necesitado que aínda non estreou a súa marcadora, as cadetes terán un duro rival que agora mesmo é colider da táboa e que aínda non coñece a derrota. En calquera caso, o obxectivo de ambos os conxuntos segue sendo o de continuar asimilando conceptos e manexar un xogo regular durante a maior parte dos minutos de xogo, onde non haxa excesivos altibaixos nin erros de vulto. Os dous conxuntos xogarán no pavillón do CEIP Fogar, as infantís ás 10:30 e as cadetes a continuación (12:00 h).
 
Na categoría alevín feminino e na disciplina de BM7, o Gestagua Xiria Fem disputará o seu segundo encontro da competición e primeiro a domicilio. Será o sábado ás 12:30 no pavillón San Francisco Javier da Coruña fronte ao Investo OAR 1952.Un novo e ilusionante reto para que as nenas de Xiria sigan crecendo na competición e adquirindo experiencias.

 

I