Dura derrota do Calvo Xiria en Poio

Dura derrota do Calvo Xiria en Poio

O Calvo Xiria caeu derrotado este pasado domingo nun encontro moi igualado onde a fortuna do lanzamento non estivo cas carballesas no pavillón de Poio.

Despois dun arranque ilusionante das verdes cun parcial de 0-3 no inicio e con moi boas sensacións a nivel defensivo, o encadenamento de erros no pase propiciou que as pontevedresas reengancharan no electrónico.  O equipo viuse algo precipitado na elaboración do xogo por momentos, con moita presa por atopar a portería local, o que fixo que as accións non fosen doadas, chegando con empate a 9 tantos no descanso.

O descanso non lle sentou nada ben ás coruñesas que saíron algo aletargadas na defensa, o que obligou a Zarra a dous tempos mortos case consecutivos para intentar retomar o camiño da primeira metade. O desacerto no lanzamento neste periodo foi moi notorio, tamén acerto da gardarredes do Poio que se convertiu na figura do encontro. Un cambio defensivo con Mara Garabaya na punta dunha defensa aberta, creou algo de desconcerto nas locais onde perderon bastantes balóns pero que unha vez tras outra non eran aproveitadas polas atacantes carballesas.

Dous puntos que semellaban importantes e que obligan a continuar loitando partido a partido ata a derradeira xornada. Na vindeira xornada, visitarán a At. Guardés, rival co que perderan na primeira volta na casa.