Dura derrota do Goldie Xiria en Lalín

Dura derrota do Goldie Xiria en Lalín

Balonmán Lalín 23 – Goldie Xiria 11 (16-5)

O Goldie disputou o seu partido da tempada este sábado diante dun equipo que se creceu ante a pouca resistencia que lle puxo o seu rival.

Saíu moi descentrado a pista o equipo carballés, con continuas perdas de balón e excesiva relaxación en defensa, o que se converteu nunha diferenza no marcador de 7 a 1 nos primeiros 15 minutos. A defensa da avanzada lalinense impedía ao Goldie mover con fluidez no ataque levando ao equipo a situacións complicadas de lanzamento.

Intentou enderezar o rumbo na segunda metade o Xiria, imprimindo maior velocidade e combinando co dobre pivote, pero as xogadoras non tiñan o día, sobre todo nos lanzamentos, quedando nun corto marcador final de 23 a 11.

A pesar da derrota, o Goldie sigue de líder do Grupo, e a próxima semana recibe en casa ao Balonmán Cangas, segundo a un punto, boa oportunidade para abrir distancia co seu rival

Balonmán Lalín 23 (16): Fernández (porteira) Ferradás 3, María, Belén 1, Penalta 3, Pereira 7, Donsión, Uxía, Batán 5, Silva 2, Sijas 2, Antía e Yolanda

Goldie Xiria 5 (11): Brenda Noya e Aida Cangas (porteiras) Jessica Posse 4, María Gómez 1, Adriana Gómez 2, Angela Pena, Zeltia Landeira , Natalia Solis, Sara Pombo 2, Patricia García, Tamara Pombo 2, Sheila Ferreiro  e Cris Gende.

Marcador cada 5 min .:   /1-0/  /3-1/  /7-1/  /9-3/  /13-4/  /16-5/   /17-6/ /18-7/   /19-8/   /20-9/  /22-11/  /23-11/

 Arbitraron: Manuel Docampo e Diego Vázquez, excluíron a Tamara Pombo polo Xiria e a Uxía e Yolanda polo Lalín