Dura derrota para o ALS A

BM ABEGONDO/ATLÁNTICO 37- ALS XIRIA A 28

O pasado domingo o ALS Xiria desprazábase a Oleiros para enfrontarse ao Abegondo/Atlántico, un rival que puxera en apuros aos carballeses no partido de ida de xeito que se esperaba un partido competido.

Xa dende o inicio do partido se percibía que non ía a ser o día dos carballeses. Moi despistados e desconectados nas labores defensivas,  esto facía que o equipo local se puxera por diante no marcador. Os carballeses con un par de recuperacións defensivas conseguían acercarse no marcador pero os contínuos despistes defensivos e a falta de ritmo no ataque facían que as diferenzas fosen cada vez maior ata un resultado pouco a habitual este ano neste equipo como foi o 20-10 en contra ao descanso.

Dende ese momento os carballeses tiñan a difícil tarefa de dobregar esa diferenza no marcador. Pese a intentalo e a mellorar a imaxe mostrada na primeira parte non se conseguiu recurtar distancias e os carballeses sufrían a derrota máis dura do que vai de tempada. Este partido non empaña o traballo que están a facer estos rapaces, a labor nos adestramento fará que volvan a encontrar as sensacións.