Duro revés para o Garaysa B

Duro revés para o Garaysa B

O sábado pola mañán un Garaysa B asediado polas baixas achegouse a Tarrío para encarar a un Culleredo en forma. Con numerosos postos cubertos pola categoría alevín, os do Xiria medíronse ante un rival físicamente moi superior. O traballo de defensa 3:3 profunda do Culleredo forzou a numerosas perdas de balón nas filas verdes, que non foron capaces de superar no 1×1 e propiciaron situacións de contraataque. Coa meirande parte dos goles encaixados procedentes das transicións, foi difícil manter a cara a un partido roto dende os primeiros compases. Malia todo, os rapaces do Xiria se foron adaptando e recurriron ó traballo sen balón para sortear a defensa rival, aínda que os numerosos erros de lanzamento non reflexaron a mellora no terreo de xogo e chegaron ós vestiarios cunha diferenza insalvable (33-12).

Na segunda metade os carballeses mantiveron a intención de correr ós espazos. Aínda que moitas veces resultara en perda de balón e gol encaixado en contraataque, os éxitos foron meritorios e marcan a liña que se deben seguir para mellorar. A boa actitude se mantivo durante todo o encontro a pesar das diferenzas en capacidades e o peche do marcador pola diferenza de goles. Cabe destacar a actuación de Xurxo, que levou o peso ofensivo do equipo a pesar de proceder de categoría inferior.

BM CULLEREDO OPTICA GALLAECIA 45 – 15 GARAYSA XIRIA B

Esta semana toca recompoñerse e completar filas para encarar o partido ante Viveiro o sábado ás 10:30 no Vila de Noia.