E.BM.XIRIA: 27 – SD.TEUCRO: 31

E.BM.Xiria 27 (15+12): Buño, Dani (3), Lolo (3) ,Enrique (8) , Iván(6),Diego (2), Alberto (5) – Equipo inicial – Jorge, Julian, Gabriel, José, Borja.

SD.Teucro 31 (13+18): Gil, Piñeiro (3), García, Mouco (5), Domínguez (1), Castillo, Leiro (2) – Equipo inicial – Pazos (3), Vilariño, Ameijeiras (3), Baltasar, Matías (3), Aser (8), Arosa (3).

O equipo xuvenil de E.BM.Xiria, perdíu outra oportunidade de ouro para afianzarse case, de forma definitiva, na cuarta praza da clasificación e fixoo da peor forma posible, cedendo dito posto, ó seu inmediato perseguidor, o Teucro de Pontevedra. O envite foi moi pouco vistoso, con escaso ritmo, pouco balomán e múltiples perdas de balón por ambos conxuntos.

A pouca intensidade e concentración amosada polos dous equipos, foi a tónica dos sesenta minutos, moito máis agudizada nos de casa nesta primeira parte, que xa levaban cinco balóns perdidos noutros tantos minutos de xogo. Non existía dinamismo, xa que o balón estaba máis no chan que nas máns dos xogadores e o xogo de ataque limitábase a situacións individuais e estáticas que facilitaban ó traballo dos gardamallas. Todas as facetas do xogo estaban a ser moi deficientes por parte dos dous conxuntos e as acción positivas de úns, eran máis ben propiciadas polos erros dos outros que por acertos dos primeiros. Neste desbaraxuste, as alternativas no marcador sucedíanse e tiñan que ver máis ca casualidade que co dominio do xogo de calqueira dos contendientes. O asubío que daba paso ó tempo de refrigerio chegaba e o Xiria mandaba por un resultado de 15-13. Era tempo de reflexión e de intentar mellorar a imaxe dada na primeira parte.

Pero, na reanudación, nada cambiou e tan só a indolencia e a falla de carácter competitivo amosada polos visitantes, permitían que os de Xiria se fosen ata os tres goles de diferencia (21-18). Como ocurríra no primeiro tempo, todo formaba parte dunha realidade a medias, xa que viña propiciado, máis polos demeritos dos de Pontevedra, que polo control do partido por parte dos locais. Ninguén dominaba no xogo e as vantaxes conseguidas eran tan efímeras como amosaba ó 2-5 de parcial encaixado polos carballeses en apenas cinco minutos. O encontro estaba empatado agora (23-23) e os seguintes cinco minutos, convertíanse nun correcalles e un batiburrillo de erros por parte de ambos conxuntos, como así amosaba o 0-1 de parcial neste tempo. Os verdibrancos, deron moitas facilidades defensivas nesta recta final e con sete perdas de balón nos derradeiros dez minutos, entregaron o partido e os dous puntos en xogo a un rivalque, deste xeito, adiantaos na táboa clasificatoria a falta de tres partidos de liga para os de Carballo. A pouca intensidade, os erros en lanzamentos sinxelos e as vintetres perdas de balón no encontro, condenaron a un Xiria que deberá enderezar o seu rumbo a semana que ven na difícil pista de Cangas, no seu enfrontamento contra o Luceros, si non quere ver como Artabro, SAR, e incluso OAR, lle dan alcance na clasificación.