E. BM. XIRIA: 36 – SAR PLASTIC OMNIUN 31

DIVISIÓN DE HONRA XUVENIL MASCULINO

E. Bm. Xiria (17+19): Cristian (1), Iván (8), Gabriel, Alberto (4), Julián (8), Enrique (7), Borja, Diego (4), Lolo (2), Dani Gª, Jose, Calvo (2), Jorge e Buño.

SAR Plastic Omniun (10+21): Miguel, David, Brais, Javier (4), Iván (10), Anxo, Alejandro, Cristian (5), Gael (1), Sergio, David (3), Pablo, Luis (7) e Nicolás.

Os xuvenís do Xiria pecharon unha nova vitoria, esta vez fronte ao SAR de Redondela, nun partido no que comezaron moi fortes impoñendo a súa condición de locais nunha primeira parte de gran acerto ofensivo, e cunha segunda metade menos acertada pero na que se soubo manexar a vantaxe de 7 goles acadada no primeiro tempo.
O vendaval ofensivo do Xiria no primeiro acto non atopou oposición na defensa do SAR. A capacidade de lanzamento exterior de Iván Campos e Julián con traxectorias moi longas facía moito dano na zaga dos redondeláns. Por outra banda, Buño na portería era un auténtico muro para os lanzamentos dos rivais, ata en 8 ocasións atallou balóns claros so no primeiro tempo. Con este panorama os visitante só puideron acadar 10 golesen 30 minutos, contra os 17 do Xiria.
Na segunda metade a SAR saíu con moitas ganas de darlle a volta ao encontro, e cun parcial de (5-10) achegábase perigosamente no marcador, pero o Xiria reaccionou a tempo e devolveulles a moeda cun parcial de (6-1) que deixaba todo como antes e sen tempo para máis sorpresas.