El Calvo Xiria perde en Cangas cando mellor tiña o encontro

Despois da igualdade da primeira metade; o Calvo Xiria impuxo un ritmo frenético para chegar a poñerse ata 6 goles por diante, pero o porteiro local Javier Fernández, sumado á perda de intensidade levaron aos Luceros a poder remontar o partido.

Nos primeiros minutos de partido viuse un partido con ritmo alto, onde cada balón desaproveitado en ataque posicional, daba cun contraataque en primeira ou segunda onda para ambos equipos; que intercalaron o marcador con diferenzas dun ou dous goles, ata chegar ao descanso cun xusto 19 a 19.

 

Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria dominaba grazas á actividade defensiva, que lle xeraban moitas ocasións para facer gol na portería local e a boa toma de decisión fixeron un parcial de 6 a 12 en 16 minutos de xogo; pero unha superioridade aproveitada por Luceros para reducir diferenzas, e as intervencións de Javier Fernández en portería daban ao traste coa vantaxe do Xiria, xa que os últimos 14 minutos o marcador foi de 10 a 2. O Calvo Xiria non soubo rematar o partido cando mellor tíña e un Luceros que non podía darse por vencido coa permanencia en xogo, levou finalmente os dous puntos.

Automanía Luceros 35 – Calvo Xiria 33

Automania Luceros (19+16): Javier Fernández (p), Alejandro Matínez, Adrián Bernández (8), Daniel Mallo (1), Xoel Martínez (3), Iker Piñeiro (2), Álex Rey (6), Pablo Cruz, Carlos Vilanova (5), Jose Camiña (4), Maunel Pérez (2), Adrián Pérez, Rubén Augusto (1), Alberto Alonso (2), Eric Bérmudez.

Calvo Xiria (19+14): Mateo Pallas (p), Antonio Mato (p) Julian García, Esteban Puñal (1), Gabriel Castiñeiras (4), Hugo Rodríguez (2), Carlos Martín (2), Diego Vega (2), Diego Antelo (3), Manuel Méndez, Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (5), Carlos Varela, Mario Cancela, David García (7), Martín Fuentes.

Parciales cada 5 minutos: 1-3, 4-5, 9-9, 12-13, 17-15, 19-19, (descanso), 22-23, 23-25, 25-29, 28-31, 32-33, 35-33.

Árbitros: Omar Fagundez e Samuel Prieto.

Incidencias: Partido correspondente a 29ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón O Gatañal (Cangas).