El Calvo Xiria sabe sufrir para llevarse una nueva victoria.

Na xornada 3, do campionato de liga na primeira estatal, o Calvo Xiria impoñíase por un gol, a un Balonmán Saeplast Cañiza que quere aspirar ao podio da categoría esta tempada. Así, os visitantes deixaron o seu selo no Vila de Noia que de novo completou o aforo e animou ao seu equipo sen descanso. Unha vitoria moi traballada para un Xiria que toma forma segundo pasan as semanas.

Os primeiros compases do partido, foron para o Calvo Xiria, que impuxo un ritmo diabólico, que lle permitiu manexar diferenzas de 3 goles; pero o Saeplast non se engurrou e xogou mellor as situacións de superioridade para restablecer de novo o empate. Unha primeira metade marcada polo acerto cara gol dos dous equipos, pero que os locais lograrían irse ao descanso cun 20 a 18 a favor.

Tras o paso por vestiarios, o Xiria axustou o 5:1, e conseguiu frear a un Cañiza que na segunda metade subiu unha marcha na agresividade do xogo colectivo. O Calvo Xiria non conseguía correr nas transicións e no ataque posicional trabábase nas faltas unha e outra vez. A pesar de todo e grazas á defensa e ás intervencións de Iago, o Xiria sempre se mantivo un gol arriba. Cañiza presionou con dúas mixtas, e xogoulla ata o final do partido. O Calvo Xiria soubo manterse firme nos momentos máis delicados do partido e ao final chegou cunha vantaxe de 2 goles, que lle darían unha nova vitoria como local.

Calvo Xiria 32 – Balonmán Saeplast Cañiza 31

Calvo Xiria (20+12): Antonio Mato (p), Iago Gómez (p), Fari (5), Gabriel Castiñeiras (1), Fran Rey (2), Dani Mallo (4), Chimpo Rodríguez (4), Diego Vega (1), Juanka Rodríguez (3), Manu Méndez (1), Alejandro Gómez, Jorge Bouzas (3), Aaron Rodríguez, David García (5) Adrián Losón (1), Edu Cousillas (1).

Balonmán Saeplast Cañiza (18+13): Martín Davila (2), Alejandro Pereiro (8), Carlos Rodríguez, Pablo Martínez (4), Saúl Candan, Iñigo Silva, Miguel Guedes, David Costa (2), Eloy Molanes (2), Xosé Canedo (5), Jesús Lago (1), Miguel Couñago (1), Javier Bernardez (4), David Chao (2). 

Marcador cada 5 minutos: 4-2, 7-4, 11-8, 13-13, 16-16, 20-18, (descanso); 21-20, 22-21, 24-22, 27-25, 28-27, 32-31.

Árbitros: Fernando Iñan e Jose Manuel García, do colexio cántabro.

Incidencias: Partido correspondente á terceira xornada do Grupo A de a Primeira Estatal, disputado no pavillón Vila de Noia, de Carballo.