EM Camariñas: Noelia, Leticia, Estela, Yolanda (8), Nerea (4), E. López (2), Elisabeth –equipo inicial– Bea, Sandra, Cris(4), Yesica.
Asesoría Sueiro Xiria: Rosana (2), María, Cristina (5), Paula, Noelia (2), Florencia –equipoinicial–.
Colexiado: O colexiado Manuel Docamopo estivo desafortunado, aínda que sen influencia no resultado final
O Asesoría Sueiro Xiria non puido sumar a vitoria na súa visita á sempre dificil cancha camariñán, en encontro aprazado pertencente á 2ª xornada da copa infantil feminina.
O equipo carballés tivo que viaxar con tan só seis efectivos debido á baixa de Carolina por enfermidade, polo que se tivo que xogar con cinco xogadoras de campo e unha porteira. Salientar o xesto de deportividade por parte do cadro de Camariñas que ante esta circunstancia tivo a tivo a deferencia de xogar co mesmo número de xogadoras que as carballesas.
O partido, decantouse dende o principio do bando local que amosaron a súa superioridade ao longo dos cincuenta minutos de xogo. Por parte do Asesoría Sueiro Xiria hai que destacar que coontinuan mostrando destellos da súa mellora. As xogadoras carballesas loitaron con intensidade intentando impoñer un forte ritmo defensivo. A primeira parte remataba cunha vantaxe no marcador de 7-4 para as locais.
Na reanudación, o equipo de Carballo notou a sua falta de efectivos e o cansanzo fixo mella no equipo momento que aproveitou a EM Camariñas para aumentar a súa vantaxe no marcador ata o 18-9 final.
