EM CAMARIÑAS 35 – OAK ENGLISH CENTRE XIRIA 48

Escola Municipal de Camariñas (18+17) 35: Bruno, Felix, Damián, Cristian B. (6), Cristian C. (12), Diego (4), Brais, Sergio (3), Fran L., Iago (1), Juan (8), Manuel, Fran P. (1). Adestrador: Juan Ramon Canosa.

Oak English Centre Xiria (22+26) 48: Naya, Barreiro (9), Iago (6), Zas (15), Brais (4), Martín, Miguel (6), Bisbi, David (4), Antón (3), Jorge (2), Alberto, Iván. Adestrador: Juan M. Rodríguez.
Colexiados: Enrique Taboada e Hector Piñeiro. Mal.

A terceira xornada, da copa cadete masculina no Grupo 1 enfrontou o Oak English Centre Xiria coa Escola Municipal de Camariñas conseguindo os carballeses a vitoria por 35-48.

A pesar deste resultado o Oak tivo dificultades na primeira metade debido fundamentalmente a dous aspectos. Por unha parte a defensa presionante en 3:3 do Camariñas que, ante a falta de mobilidade dos carballeses, era complicada superar e por outra o xogo do pivote do Camariñas que trouxo de cabeza á defensa do Xiria. Pero finalmente os rapaces de Juan M. Rodríguez conseguiron superar eses inconvenientes.

Na segunda parte o Camariñas cambiou a súa defensa para intentar sorprender o rival, pero lonxe de ser así o Oak English que, con un xogo moito máis fluído e combinativo e apoiado na súa defensa, conseguiu marcharse cada vez máis no marcador ata chegar aos trece goles de renda finais.

No próximo partido o Oak recibe ao Oar en encontro aprazado da 1ª xornada. Un OAR que lle ten tomada a medida aos de Carballo nesta campaña. De momento o Xiria perdeu os dous enfrontamentos fronte aos da Coruña. A ver se á terceira vai a vencida.