EM CAMARIÑAS 36 – IFECGÁS PEREIRA XIRIA 32

EM Camariñas: Félix, Canosa (8), Barcia (6), Carlos (6), Xabi (8) , Alonso (2), Campaña (6) -equipoinicial- Bruno, Martín, Sergio, Iván, Damián

Ifecgás Pereira Xiria: Naya, Iván (6), Zas (9), David (2), Óscar (6), Dani (3), Pombo (2) -equipo inicial- Néstor, Antón, Brais(4), Iago

Colexiados: Juan e Rafael Iglesias. Demostraron un descoñecemento preocupante do regulamento e permitiron accións violentas por parte dos locais sen sancionalas.

Estamos a encarar a recta final do campeonato xuvenil e os carballesés do Ifecgas Pereira Xiria xogaban un partido moi importante cara a manter a categoría fronte á EM Camariñas.

Os visitantes comezaron o choque con intensidade, defendendo e saindo con velociadade ao contraataque. Isto facilitoulle ao cadro carballés a posibilidade de disfrutar dunha vantaxe de 3 goles en dúas ocasións, unha vantaxe que se puido incrementar de non ser polas perdas de balón absurdas, que a dous minutos do final da primeira metade lles daba ao equipo de Camariñas o empate e, a poucos segundos do remate, regaláballes que se foran ao descanso con un gol de diferenza ao seu favor.

Na segunda metade todo foi costa arriba para os de Carballo, xa que os camariñáns sairon a defender a vantaxe con uñas e dentes. Foi entón cando os de Camariñas se emplearon con accións violentas, moitas delas sancionables con tarxeta vermella, golpes, insultos, empurróns, agarróns … todos eses feitos sancionables e que os señores colexiados decidiron pasar por alto. Nin o comportamento dos xogadores locais, nin o do seu adestrador, que en ningún momento chamou a atención aos seus aínda que si se encarou co banquiño carballés, foi parado polos colexiados. Pero o Ifecgás Pereira Xiria non entrou nesa pelexa en ningún momento, sabedores que a educación é o primeiro e que a salvación está practicamente lograda, evitando así unha posible lesión ou incidentes maiores. Ao remate ese 36-32 para o equipo local nunha batalla campal máis que nun partido de balonmán.

Esta semana o Ifecgás Pereira Xiria diputará unha dobre xornada. Medírase o vindeiro xoves en Pontevedra á SD Teucro Supermercados Moldes e recibirá a visita do Cisne Grupo Pirsa o domingo.