LIGA DE 1ª DIVISIÓN ESTATAL – XORNADA 6
29/10/2011 EMBUTIDOS LALINENSE – BM LALIN 24 – CALVO XIRIA 34
Embutidos Lalinense – Bm Lalín 24 (15+9): Durán [p], Gus (1), Rubén Martínez (4), Marco (1), Roberto Granja (3, 1 de 7 metros), Pincho (8, 1 de 7 metros), Ramón (2)-equipo inicial- Pablo[p], Bruno, Adrián (3), Roberto Álvarez (1), Canario, Lesón (1), Óscar
Calvo Xiria 34 (15+19): Iago[p], Ramón, Cuco (5), Jesús (1), Manuel (3), David (4), Dubra (2) -equipo inicial- Kike[p], Naya [p] , Ángel, Miguel (4), Alex Zas (5), Pablo (8, 4 de 7 metros), Sergio (2)
Colexiados: Julián Cereceda González e José Friera Cavada do colexio asturiano. Excluíron aos locais Canario (30´e 44´), Roberto Granja (44´e 48´) e Roberto Álvarez (47´), tamén aos xogadores visitantes Cuco (19´e 27´), Ángel (39´), Ramón (41´e 59´) e Miguel (50´)
Marcador:3-3, 5-5, 8-6, 12-9, 13-12, 15-15 (descanso); 15-18, 17-22, 19-26, 19-30, 21-31, 24-34 (final)
7 metros: Embutidos Lalinense-Bm Lalín: 2/ 3 ### Calvo Xiria: 4 / 4
Na visitia que rendiu o Calvo Xiria ao Bm Lalín acadaou a súa primeira vitoria a domicilio na liga de 1ª Estatal Masculina, dous puntos que logo dos resultados do resto da sexta xornada fai que os carballeses se sitúen sétimos a catro puntos do líder, Bm. Zamora.
Con moitas folgos comezaron os locais o partido, deixando claro dende o inicio que ían poñer todas as súas armas para acadar os puntos en xogo no Pavillón Municipal de Lalín, a pista na que o Bm Lalín acadou os maiores logros deportivos da súa historia. Baseándose na fortaleza física de Rubén e Pincho acadaron rápidamente vantaxe no marcador. Pola contra o Calvo tiña que traballar a reo para acadar situacións de gol e cando o facía atopábase con Durán na meta, que xunto con Pablo, o outro gardamallas dos dezanos, foron os mellores xogadores do Balonmán Lalín. Así as cousas no minuto dezaseis e cunha desvantaxe de catro goles o equipo carballés solicitaba tempo morto. Pouco a pouco, e baséandose na defensa e no contragolpe o Calvo foi limando as diferenzas ata acadar o empate antes de iniciarse o tempo de lecer.
Logo do paso polos vestiarios o guión que seguiu o encontro cambiou radicalmente, a defensa carballesa, axudada pola actuación na portería de Kike, impúxose dun xeito claro ao ataque do Bm. Lalín (catro goles en vinte minutos), e permitiu tirar proveito do contraataque. Na faceta ofensiva o xogo carballés adquiriu unha maior fluídez e pouco a pouco medrou a diferenza ata ser de once goles no minuto cincuenta. A partir de ah o Calvo agardou que rematase o encontro mentres a aportación de Pablo na portería lalinense e a intensidade dos derradeiros dez minutos dos máis xóvenes do Embutidos impediron un marcador aínda máis avultado.
Na vindeira xornada o Calvo Xiria enfróntase ao Paraxe Construcciones Bm. Chapela no Pavillón Vila de Noia, o sábado ás 18.30 h, nun novo e de seguro durísimo partido para os carballeses.
